domingo, 3 de julio de 2011

estraños...

Cunha taza de café con leite nunha man achégome a ollar pola fiestra deste salón indefinido, que se move entre o asqueroso e o raro cun toque de encanto… ao outro lado, no parque de enfronte, unha parella sentada nun banco xoga ás palmitas… posiblemente tivera máis encanto se as súas idades se moveran entre os seis e os dez anos…. Posiblemente o perdera todo se estivera a falar de adolescentes tolos buscando o seu lugar…. Igual o encanto era maior aínda se fora unha parella de avanzada idade –sesenta, setenta anos-. Neste caso son unha parella xoven, vinte tantos… trinta e poucos.. os dous van vestidos de negro. Ela é moi elegante, delgada, alta, cunha constitución fina… pero iso non a fai elegante… a elegancia sáelle de dentro… el é un pouco máis baixo ca ela, rechoncho –non chega ao gordo, nin tan sequera ten unha gordura fofa…-, máis sport… non por iso deixa de ser igual de elegante ca ela… creo que lle sentaría ben un bo traxe e uns bonitos zapatos de charol negros, de cordóns finos, sempre cordóns… deixa ben claro os seus gustos musicais na súa camiseta dos Doors, camiseta que reza cun simple “doors”, coas letras que sempre os identificaron… a min non me queda outra máis que darlle a razón…
Contémploos durante uns minutos… primeiro perde ela… logo perde ela… logo el faise o despistado… el ri mentres ela pon caras divertidas… abrazos…bicos…abrazos… el érguese e reméxelle a melena negra e brillante… o certo é que é guapísima, creo que é unha das mulleres máis guapas que vin na vida…
Soa o teléfono… Mr. Suicide… sobresáltome… é un número que non coñezo… decido descolgalo…
-Ola?
-Ola, son…

4 comentarios:

  1. ...
    Queremos saber, quen coño e, miña nena, despois dicirte que tes unha forma de escribir en que todiño esta relacionado co anterior, e vas describindo por descarte!, e xenial!
    Ben feito Li! :D

    ResponderEliminar
  2. jajajja non podo dicir quen era... bueno, en realidade si...movistar..xDD
    adoro que andes por aquí!

    ResponderEliminar
  3. xD, maldita merda, xD
    Ando por dicir dalgunha maneira, xD, porque vaime fatal o meu blog. xD

    ResponderEliminar
  4. Mr. Suicide…?¿
    Gustoume moito... de feito ate me recordou as clases de historia sentada a caron dunha meniña cunha camiseta a raias vermellas e negras, de longos rizos e zapatillas furadas.
    A cal porceto nunca tiña os dous pes na terra porque un non lle chegaba o chan e outro tiñao debaixo do cu XD
    Si, esa meniña escribia así de parecido...

    ResponderEliminar