domingo, 24 de julio de 2011

distancia...

Estou perdida no medio de inventarios de vida mal redactados… Estou perdida entre lixo que alguén tirou sen mirar quen viña detrás… Perdida nun saco cerrado, selado, tapiado…
Un saco que rebosa pánico sembrado polo meu ego…

“E agora que?” Pregunto cada vez que algo sae mal… “Agora nada”…

Íspome lentamente… substitúo a camiseta cor beixe e o suxeitador vermello con lunares negros por unha camiseta branca cun debuxo ortera que me queda grande.
Saco os pantalóns,  as medias… introdúzome na cama e penso… penso até que non podo facelo máis, até que se rinden e deciden que durma…  até que esperte…
até que non poida máis…

Hai moita distancia entre o que fun e o que son...

2 comentarios:

  1. gustaríame seguir percorrendo a distancia dos teu días...
    .. segues sendo a mesma pero máis jodidamente sabia.. e máis jodidamente fermosa.

    ResponderEliminar