lunes, 21 de febrero de 2011

Manías...

Teño unha manía moi fea…
Conto o tempo…
paso  o día contado o tempo que pasou…
o tempo que falta…
os días que quedan…as horas que pasan…
1 minuto…2 minutos…

Ás veces  a miña obsesión con este é tanta que parece que as agullas non avanzan,
mais eu sigo escoitando ese tic tac que me saca de quicio…

Sen embargo, a pesar de pasar o día contando o tempo que queda…o que falta… 
o que tarda en chegar, estou estancanda… estou estancada nun agora que non me deixa moverme…
É como neses filmes nos que o protagonista queda parado nunha rúa e ve como todo se move moi rápido…a unha velocidade vertixinosa, pero el segue no medio e medio…quedo…


Quen sabe canto tempo máis ten que pasar para que eu me mova un pouco…       

jueves, 10 de febrero de 2011

...

-         -  Queres follar?
- Si.
- Gústame a túa sinceridade.
- A min que sexas tan directa.
- Que sexa tan directa?
- Si, es a primeira que me fai esa pregunta tan abertamente…
- Si? Pois ti non es o primiero que responde “si”.
- Imaxino.
- Pois imaxinas ben.
(silencio incómodo…deses silencios que te deixan KO e non che permiten reaccionar… deses que non che deixan pensar con claridade e fan do teu cerebro un nudo que se revolve para intentar desfacerse pero, claro está, esto non se efectúa até que algún dos dous o rompa e comece a fluír unha conversa, aínda que nestes intres, e este é un punto importante, non fai falla falar…).

El mira o chan, eu miro as miñas mans que temblan, pero non de nervos, nin por medo, non… simplemente é o pulso…o meu pulso é coma unha lavadora vella cando centrifuga…

- Bueno… e, ao final que?
- Ao final que de que?
- Bueno… o que me acabas de preguntar…
- Mmm… - intento recordar que foi o que lle preguntei, realmente esquecérame…
- A… - el cala, sei que quere dicir algo pero as súas palabras afóganse…
- Que?
- Que de que?
- Non ías dicir nada?
- Pois… non… bueno…non, non… nada. – sen querelo fixa os seus ollos nos meus…
- Oes? Que igual é mellor.. como dicilo…? – vacilo- que vou mercar tabaco. Vémonos noutro momento e falamos. – a súa cara expresa sorpresa…pero non da boa…
- A… vale…vale, está ben… noutro momento… pero…

E puxen os cascos e votei a andar. El seguía dicindo algo, seguía falando mentres me vía marchar… creu que non o escoitaba pero, o certo é que si que o fixen... a música estaba apagada… non podía dar volta… non sempre se pode seguir adiante, as veces necesitamos parar pero, as veces parar non nos deixa seguir andando…

martes, 8 de febrero de 2011

...de verdade?


Hoxe, despois de dous días sen facelo, voume duchar
coa esperanza de que coa roña acumulada durante
corenta e oito horas desapareza tamén a merda
que se acumula no meu ser…

De seguro que vai a ser así…

- De verdade?
- Non o sei…pero estaría ben que así fose… non?
- Si…estaría realmente ben…

(e mentres escribo isto soa Inochi no Zenmai).

...

…fai uns días que non vou a clase…
ultimamente non son capaz de conciliar o sono con normalidade… supoño que dentro de min hai algo que me inqueda pero, o certo é que non sabería dicir que é…
Non teño forza para erguerme e dicir “hoxe vai a ser un día marabilloso!”… fai tempo que non son quen de facelo…
Ás veces até me obrigo a quedar na cama e non moverme, aínda que o que queira facer sexa todo o contrario…aínda que o que quero facer é erguerme, fumar o primeiro cigarro do día e andar… andar até cansarme… que chegue a noite, tirarme nunha cama perfectamente feita, con sabas limpas, limpísimas… impolutas, e durmir… durmir apaciblemente durante moito tempo…ou non… non me fai falla moito tempo… oito horas serían suficientes… serían perfectas…

domingo, 6 de febrero de 2011

...estupidez...

Dende fai bastante tempo síntome totalmente patética...
sinto como todo se me vai das mans... como non son capaz de controlar as situacións... nin tan sequera o meu corpo...é compricado de explicar...

Sinto como todo se estanca, e cando algo comeza a moverse tenho medo... é como se tivera medo de perder a calma... unha calma que conseguín con moito esforzo e da que non me quero desfacer... pero tampouco quero ter que esforzarme tanto por mantela...
teño medo a perder o que conseguín pero, realmente, até que punto é o correcto?

que estupidez...

estou deixando que o medo me coma...me atrape...e pronto serei presa del...

que estupidez...

martes, 1 de febrero de 2011

...

Levo tempo querendo abrir este blog...sinceramente tiven moi claro o que quería facer nel até xusto este momento... parece que algo en min se bloqueou no momento en que me puxen a escribir... creo non ser a única en experimentalo, ao menos así faise máis sinxelo...
En parte supoño que se deu por descoñecemento... de todos modos, espero que co paso dos días poida habituarme e escribir algo.. non pretendo que sexa de gran calidade, o que escribo caraterízase por carecer dela, pero ao menos que sexa algo...