sábado, 31 de marzo de 2012

Revisa o seu corpo na ducha para asegurarse de que todo está ben. Efectivamente, non quedan marcas. Esa noite durmirá con tranquilidade. Pero que hai do resto? 

miércoles, 28 de septiembre de 2011

Sabas brancas.

-Ódiame se queres, pero agora procederei a espirme lentamente.
-…
-Pode que para ti non sexa un castigo pero para min si… o meu corpo está cheo de feridas de guerra… cicatrices profundas imposíbeis de curar…
- Non te entendo…
-Anda! Eu tampouco…
-…Pero…estás ben?
-Si, bueno… todo o ben que podo estar nestes intres… apetéceme chorar… chorar espida sobre unhas sabas unicamente brancas e limpas, con cheiro a deterxente.
-Sinto non poder axudarche niso…
-Só quero que collas o teu dedo corazón e o pases por unha destas cicatrices. Como podes comprobar a máis grande está na perna esquerda… máis arriba, no muslo…
-…aquí non tes ningunha cicatriz…
-Como que non?! De verdade non a ves?
-Non…
-Bueno… que lle imos facer…?
-Entón…?
-Entón non me fas falla…joder tío… estás moito máis tolo do que cría!
-Que? Espera… como?
Acompañouno até a porta a través dun corredoiro branco… tan branco e bacío que se facía  imposible a mínima distracción… a súa pel pálida non contrastaba para nada con todo o que a rodeaba… a luz invadía cada recuncho daquel apartamento… era realmente exasperante estar entre tanta perfección…
Abriu a porta, el saíu coa esperanza de recibir unha explicación… a porta cerrouse e, enfronte a esta estaba ela… de pé… pensando no marabillosas que serían esas sabas brancas, unicamente brancas e limpas, e con cheiro a deterxente…

sábado, 10 de septiembre de 2011

Encoller…. Encoller até sentirse fora de lugar… só quero marchar… marchar ou podrecer aquí, pero que sexa pronto…
Nunca serei esa bailarina que baila ao son de violíns, contrabaixos e guitarras perfectamente afinados que se entrelazan… que se mezclan e se funden… que te levan e te traen… mans que se converten en plumas… non sentir nada… absolutamente nada… cerrar os ollos, sellalos e andar... ou estar quedo… aquí quedo estase ben, ou non pero, posiblemente sexa o mellor que atope…

sábado, 13 de agosto de 2011

Curtametraxe....


Necesito un tempo para adaptarme… cando deixei de mercar roupa para mercar libros?
Eu tamén decidín abrir o parasol e andar durante dez mil millas… e cando as recorra marcharei a outro país, a outro lugar… non por odio, nin por rabia, nin tan sequera porque así o queira… simplemente porque si… a veces as cousas pasan porque si… a veces encollemos sen poder evitalo…. a veces as mazás caen da árbore cando non sopra o vento, ou cando non hai nada que as empuxe a facelo…

Posiblemente ti sigas aí, coa cara inchada e pálida e a mirada fixa en sabe deus que cousa… posiblemente sexa eu a que siga aquí intentando adiviñar que parte da película me perdín...  ou cal vin eu que os demais non viron…
Posiblemente todo siga igual… sen cambios… sen variacións… sen vento que axite o meu pelo… sen choiva que molle o teu…

Pero dá igual… ao fin e ao cabo todo forma parte desta curtametraxe….

martes, 9 de agosto de 2011

Cores primarias


Pecho os ollos para ver cores… infinitos puntiños de cores… ínfimos puntiños de cores…
Un mapa que non leva a ningure … sen límites… sen nome …
Pero sígoo, míroo todo con atención intentando descubrir algo… algo novo e emocionante…
Non hai nada… por suposto que non hai nada!
Pero non é malo… que gusto dá rañar un gran que pica…
Mira as cores primarias… A resposta non está no vento, a resposta está nas cores primarias!

martes, 26 de julio de 2011

duras… penes… vaxinas… ereccións…

Ando… corro… freo e respiro… volvo a correr… freo e voto a vista atrás… non hai niguén... sigo andando… ando… ando… corro… xa cheguei… volvo mirar atrás… segue sen haber ninguén… respiro, aliviada, mentres apoio as mans nos meus xeonllos doloridos e os meus ollos miran ao chan… érgome… non hai ninguén… séntome… espero… espero durante moito tempo… tanto que parece que os líquidos xa están mezclados… tanto que en nada desaparezco… tanto que todo cae, destrúese. Pero de novo explosión… un segundo Big Bang… unha nova creación da muller… do home… un novo deus, un novo falso deus... mortalidade… inmortalidade para ninguén… mentiras… duras… verdades… duras… penes… vaxinas… ereccións… alcohol… alcohol para todos… drogas… drogas para quen as queira… sego esperando… sego esperando pero non apareces… néboa… alto grao de néboa… non vexo nada…

Desaparezo…

Adeus…

domingo, 24 de julio de 2011

distancia...

Estou perdida no medio de inventarios de vida mal redactados… Estou perdida entre lixo que alguén tirou sen mirar quen viña detrás… Perdida nun saco cerrado, selado, tapiado…
Un saco que rebosa pánico sembrado polo meu ego…

“E agora que?” Pregunto cada vez que algo sae mal… “Agora nada”…

Íspome lentamente… substitúo a camiseta cor beixe e o suxeitador vermello con lunares negros por unha camiseta branca cun debuxo ortera que me queda grande.
Saco os pantalóns,  as medias… introdúzome na cama e penso… penso até que non podo facelo máis, até que se rinden e deciden que durma…  até que esperte…
até que non poida máis…

Hai moita distancia entre o que fun e o que son...