miércoles, 28 de septiembre de 2011

Sabas brancas.

-Ódiame se queres, pero agora procederei a espirme lentamente.
-…
-Pode que para ti non sexa un castigo pero para min si… o meu corpo está cheo de feridas de guerra… cicatrices profundas imposíbeis de curar…
- Non te entendo…
-Anda! Eu tampouco…
-…Pero…estás ben?
-Si, bueno… todo o ben que podo estar nestes intres… apetéceme chorar… chorar espida sobre unhas sabas unicamente brancas e limpas, con cheiro a deterxente.
-Sinto non poder axudarche niso…
-Só quero que collas o teu dedo corazón e o pases por unha destas cicatrices. Como podes comprobar a máis grande está na perna esquerda… máis arriba, no muslo…
-…aquí non tes ningunha cicatriz…
-Como que non?! De verdade non a ves?
-Non…
-Bueno… que lle imos facer…?
-Entón…?
-Entón non me fas falla…joder tío… estás moito máis tolo do que cría!
-Que? Espera… como?
Acompañouno até a porta a través dun corredoiro branco… tan branco e bacío que se facía  imposible a mínima distracción… a súa pel pálida non contrastaba para nada con todo o que a rodeaba… a luz invadía cada recuncho daquel apartamento… era realmente exasperante estar entre tanta perfección…
Abriu a porta, el saíu coa esperanza de recibir unha explicación… a porta cerrouse e, enfronte a esta estaba ela… de pé… pensando no marabillosas que serían esas sabas brancas, unicamente brancas e limpas, e con cheiro a deterxente…

sábado, 10 de septiembre de 2011

Encoller…. Encoller até sentirse fora de lugar… só quero marchar… marchar ou podrecer aquí, pero que sexa pronto…
Nunca serei esa bailarina que baila ao son de violíns, contrabaixos e guitarras perfectamente afinados que se entrelazan… que se mezclan e se funden… que te levan e te traen… mans que se converten en plumas… non sentir nada… absolutamente nada… cerrar os ollos, sellalos e andar... ou estar quedo… aquí quedo estase ben, ou non pero, posiblemente sexa o mellor que atope…