martes, 26 de julio de 2011

duras… penes… vaxinas… ereccións…

Ando… corro… freo e respiro… volvo a correr… freo e voto a vista atrás… non hai niguén... sigo andando… ando… ando… corro… xa cheguei… volvo mirar atrás… segue sen haber ninguén… respiro, aliviada, mentres apoio as mans nos meus xeonllos doloridos e os meus ollos miran ao chan… érgome… non hai ninguén… séntome… espero… espero durante moito tempo… tanto que parece que os líquidos xa están mezclados… tanto que en nada desaparezco… tanto que todo cae, destrúese. Pero de novo explosión… un segundo Big Bang… unha nova creación da muller… do home… un novo deus, un novo falso deus... mortalidade… inmortalidade para ninguén… mentiras… duras… verdades… duras… penes… vaxinas… ereccións… alcohol… alcohol para todos… drogas… drogas para quen as queira… sego esperando… sego esperando pero non apareces… néboa… alto grao de néboa… non vexo nada…

Desaparezo…

Adeus…

domingo, 24 de julio de 2011

distancia...

Estou perdida no medio de inventarios de vida mal redactados… Estou perdida entre lixo que alguén tirou sen mirar quen viña detrás… Perdida nun saco cerrado, selado, tapiado…
Un saco que rebosa pánico sembrado polo meu ego…

“E agora que?” Pregunto cada vez que algo sae mal… “Agora nada”…

Íspome lentamente… substitúo a camiseta cor beixe e o suxeitador vermello con lunares negros por unha camiseta branca cun debuxo ortera que me queda grande.
Saco os pantalóns,  as medias… introdúzome na cama e penso… penso até que non podo facelo máis, até que se rinden e deciden que durma…  até que esperte…
até que non poida máis…

Hai moita distancia entre o que fun e o que son...

viernes, 15 de julio de 2011

ela...

Calzou as súas botas e votou a andar… esas botas case destrozadas polos anos, polo uso… pero adorábaas… era a relación de amor máis profunda que nunca existira…
Comezou a andar polas rúas grises daquela cidade… todos a miraban… todos a miran, sempre crendo que tras a súa pel se atopa algo incrible, algo especial que ninguén nunca poderá ver…
En realidade non é así, pero cando ela pasa o chan treme un pouco… 

lunes, 4 de julio de 2011

...

Desperézome mirando para os lados, como buscando algo... algo que descoñezo, algo que nin sequera eu sei que é... nin sequera os máis sabios... supoño que busco unha sinal dentro de este mundo verde... unha sinal que me diga "faino... faino e non deixes que escape... faino e loita por conseguilo"... pero, por conseguir o que?
As veces gustaríame ter outra eu que me recordara que é o que quero, que é o que necesito, por que debería loitar e por que debería esforzarme... non me podo acordar de todo...

domingo, 3 de julio de 2011

estraños...

Cunha taza de café con leite nunha man achégome a ollar pola fiestra deste salón indefinido, que se move entre o asqueroso e o raro cun toque de encanto… ao outro lado, no parque de enfronte, unha parella sentada nun banco xoga ás palmitas… posiblemente tivera máis encanto se as súas idades se moveran entre os seis e os dez anos…. Posiblemente o perdera todo se estivera a falar de adolescentes tolos buscando o seu lugar…. Igual o encanto era maior aínda se fora unha parella de avanzada idade –sesenta, setenta anos-. Neste caso son unha parella xoven, vinte tantos… trinta e poucos.. os dous van vestidos de negro. Ela é moi elegante, delgada, alta, cunha constitución fina… pero iso non a fai elegante… a elegancia sáelle de dentro… el é un pouco máis baixo ca ela, rechoncho –non chega ao gordo, nin tan sequera ten unha gordura fofa…-, máis sport… non por iso deixa de ser igual de elegante ca ela… creo que lle sentaría ben un bo traxe e uns bonitos zapatos de charol negros, de cordóns finos, sempre cordóns… deixa ben claro os seus gustos musicais na súa camiseta dos Doors, camiseta que reza cun simple “doors”, coas letras que sempre os identificaron… a min non me queda outra máis que darlle a razón…
Contémploos durante uns minutos… primeiro perde ela… logo perde ela… logo el faise o despistado… el ri mentres ela pon caras divertidas… abrazos…bicos…abrazos… el érguese e reméxelle a melena negra e brillante… o certo é que é guapísima, creo que é unha das mulleres máis guapas que vin na vida…
Soa o teléfono… Mr. Suicide… sobresáltome… é un número que non coñezo… decido descolgalo…
-Ola?
-Ola, son…

viernes, 1 de julio de 2011

Tabaco...


Hoxe fumeime 19 cigarrillos en 10 horas… comezo a darme un pouco de asco…
esto é o que me demostra que algún día quedei estancada e convertín o tabaco no meu máis fiel amante… ás veces ingánoo cos estudos, pero bueno… podería pasar unha tarde sen estudar… de feito podería pasar moito tempo sen estudar pero, dáme que non podería votar o mesmo tempo sen fumar…

Creo que me apetece poñerme en roupa interior e bailar no parque de enfronte, mentres os aspersores regan a herba verde, completamente verde… logo meteríame na cama espida, co pelo húmido… e logo quedaría a durmir… cando espertara, despois de algo así como 10 horas –sóbranme-, estaría feita unha raíña... ergueríame e fumaríame un cigarro logo de que pasara o mesmo tempo no que hoxe me fumei  19...  Creo que o tabaco seguirá sendo o meu máis fiel amante por moitos anos… e logo… e logo xa verei…