lunes, 21 de febrero de 2011

Manías...

Teño unha manía moi fea…
Conto o tempo…
paso  o día contado o tempo que pasou…
o tempo que falta…
os días que quedan…as horas que pasan…
1 minuto…2 minutos…

Ás veces  a miña obsesión con este é tanta que parece que as agullas non avanzan,
mais eu sigo escoitando ese tic tac que me saca de quicio…

Sen embargo, a pesar de pasar o día contando o tempo que queda…o que falta… 
o que tarda en chegar, estou estancanda… estou estancada nun agora que non me deixa moverme…
É como neses filmes nos que o protagonista queda parado nunha rúa e ve como todo se move moi rápido…a unha velocidade vertixinosa, pero el segue no medio e medio…quedo…


Quen sabe canto tempo máis ten que pasar para que eu me mova un pouco…       

1 comentario:

  1. Reflexome, sobre todo cando teño que estudar... que compricado e que pase o tempo cando nn se fai nada, cando te aburres, cando esperas algo. Sep identificome eu e millons de persoas neste planeta

    ResponderEliminar