martes, 9 de agosto de 2011

Cores primarias


Pecho os ollos para ver cores… infinitos puntiños de cores… ínfimos puntiños de cores…
Un mapa que non leva a ningure … sen límites… sen nome …
Pero sígoo, míroo todo con atención intentando descubrir algo… algo novo e emocionante…
Non hai nada… por suposto que non hai nada!
Pero non é malo… que gusto dá rañar un gran que pica…
Mira as cores primarias… A resposta non está no vento, a resposta está nas cores primarias!

3 comentarios:

  1. ningures e un Lugar perfecto para perderse, Levasme periquitinha?.. ..todo o primario da paso a cousas interesantes a Lo menos. Sen prisa pequena as cousas boas fanse esperar e pasan cando menos as esperas, déixate sorprender poLa vida, e que sexan sorpresas das boas ;) que rabia, eu pecho os oLLos e vexo puntos e raias brancas e xa sabes o que din das raias os puntos e os cadrados os dentes sarrosos... non te esqueces de sorrir.. (guiñoguiño)

    ResponderEliminar
  2. "pan con chocoLate e eLa" é a pequena xoaniña, non si?..

    ResponderEliminar
  3. Quen podía ser senón con ese nome...?

    ResponderEliminar