lunes, 4 de abril de 2011

El non sabía o que era chorar… facía algúns anos que o coñecía e nunca, nunca, nunca o vira chorar…e nunca, nunca, nunca o escoitara dicir nada que fixera referencia a que estivera chorado… contáronme que non tiña bágoas e deume unha inmensa tristeza xa que… quen pode vivir sen chorar? Ou chorando pero sen poder derramar unha bágoa?

Estar os dous sos foi un pouco incómodo, non sabíamos de que falar, nunca faláramos demasiado, primeiro porque eu non falo demasiado, segundo porque el tampouco fala demasiado e terceiro porque non tíñamos de que falar… pero sen saber porque entroume gran curiosidade polo feito de que non chorara…

Contáronme que non eras quen de chorar…que non tes bágoas…

Os seus ollos fixáronse nos meus sen  dicir nada…logo mirou para o chan e, aínda que non con bágoas, sentín que choraba, que choraba como nunca antes vin chorar a ninguén … e entráronme ganas de abrazalo, pero el ergueuse e marchou


http://www.youtube.com/watch?v=55VWYc2Bruo

No hay comentarios:

Publicar un comentario