miércoles, 28 de septiembre de 2011

Sabas brancas.

-Ódiame se queres, pero agora procederei a espirme lentamente.
-…
-Pode que para ti non sexa un castigo pero para min si… o meu corpo está cheo de feridas de guerra… cicatrices profundas imposíbeis de curar…
- Non te entendo…
-Anda! Eu tampouco…
-…Pero…estás ben?
-Si, bueno… todo o ben que podo estar nestes intres… apetéceme chorar… chorar espida sobre unhas sabas unicamente brancas e limpas, con cheiro a deterxente.
-Sinto non poder axudarche niso…
-Só quero que collas o teu dedo corazón e o pases por unha destas cicatrices. Como podes comprobar a máis grande está na perna esquerda… máis arriba, no muslo…
-…aquí non tes ningunha cicatriz…
-Como que non?! De verdade non a ves?
-Non…
-Bueno… que lle imos facer…?
-Entón…?
-Entón non me fas falla…joder tío… estás moito máis tolo do que cría!
-Que? Espera… como?
Acompañouno até a porta a través dun corredoiro branco… tan branco e bacío que se facía  imposible a mínima distracción… a súa pel pálida non contrastaba para nada con todo o que a rodeaba… a luz invadía cada recuncho daquel apartamento… era realmente exasperante estar entre tanta perfección…
Abriu a porta, el saíu coa esperanza de recibir unha explicación… a porta cerrouse e, enfronte a esta estaba ela… de pé… pensando no marabillosas que serían esas sabas brancas, unicamente brancas e limpas, e con cheiro a deterxente…

2 comentarios:

  1. homes nunca ven o que teñen k ver.. pero as veces axuda k sexan tan simples e moito. Ti volveste tola x algo ate que che da noxo e eles casi nin o perciven... son seres simples

    ResponderEliminar
  2. a min gústanme os homes que saben como funciona unha Lavadora. centrifuga os maLos pensamentos,querida. e non esperes máis de un home que de un can -ó caL sempre nos referimos con consignas monosilábicas cLaras e concisas-, non subestimes os pobres cans, -eLes si que nos entenden.- ámote.te.te.te.te.te.te.te..

    ResponderEliminar